fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Alcalde de Láncara valorou a incorporación que fixo o PP para a candidatura do Concello, subliñando que “supón a 4 formación política do señor Meilán en 10 anos. Non lle interesan os veciños, só manter a cadeira no Concello”

– O rexedor socialista lamentou que Fernández Díaz “non teña dignidade política e mude de ideoloxía cada 2 por 3. Da igual o modelo político, o único que lle interesa é manter a cadeira no Concello de Láncara”

– Piñeiro apelou ao valor das ideas políticas e destacou que “eu nunca podería estar nun partido de dereitas porque defendo a liberdade, a transparencia, a solidariedade e a xustiza social. E seguirei facéndoo polos veciños de Láncara” 

Láncara, 11 de marzo de 2019.- O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, valorou este luns a nova incorporación que fixo o PP para a candidatura do Concello. “O PP demostra non ter un proxecto político fichando a Carlos Fernández Díaz como número 2 para Láncara”. O rexedor socialista explicou que o actual Concelleiro por Compromiso por Galicia non é a primeira vez que cambia de partido político, “este transvase supón a 4 formación política do señor Meilán en 10 anos, un auténtico fito para a corporación lancaresa”.

Darío Piñeiro lamentou que Fernández Díaz “non teña dignidade política e mude de ideoloxía cada 2 por 3. Da igual onde estea ou que o modelo político sexa de esquerdas ou de dereitas, o único que lle interesa é manter a cadeira no Concello de Láncara. Ten un fondo de armario moi amplo para gardar todas as chaquetas que ten que poñer cando se achegan unhas eleccións”.

“Unha vez máis está traizoando a todos os veciños que o votaron a través dunhas siglas diferentes. O señor Meilán sempre se move por intereses persoais, debería explicar que lle ofrece o PP para que a 2 meses dunhas eleccións municipais decida cambiar de partido” apuntou o Alcalde.

PP nervioso

En relación a medida adoptada polo Partido Popular, Darío Piñeiro asegurou que “con estes movementos o PP amosa o seu nerviosismo e a súa incapacidade de ofrecer un proxecto político e social solvente e de futuro aos lancareses. Hai 4 anos o Partido Popular xa quixo incluír a Fernández Díaz na lista pero os militantes non o apoiaron. Nesta ocasión parece que a preferencia da dirección provincial do partido ten máis peso que a dos votantes do PP”.

Os socialistas traballando por Láncara

Por último, o socialista apelou ao valor das ideas políticas e destacou que “eu nunca podería estar nun partido de dereitas porque defendo a liberdade, a transparencia, a solidariedade e a xustiza social. E seguirei facéndoo, acompañado do meu equipo de goberno, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños de Láncara”.

Que che pareceu o artigo ?