fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– “Entre a foto das Azores ea de Colón houbo moito sufrimento, mortes e mentiras. Feijóo quere que volva o Trío da Mentira (PP, Cs e Vox) que serve aos mesmos intereses cheos de agresividade, violencia e desprezo ás persoas”

– “Non me sorprendería un pacto do PP con Vox antes das eleccións, e por suposto despois, poisxa lle pediu que non presente listas en provincias. Carballo dixo aos lucenses que non voten a Vox porque xa o representa o PP”

– “Feijóo lémbrame a Gallardón, que se dicía que era o máis progresista do PP e demostrou ser o máis rancio. Estámolo a ver coas súas propostas, como atraer a mulleres inmigrantes en idade fértil para frear o despoboamento; medidas machistas e xenófobas como as de Casado, disposto a prolongar a estancia no país demulleres embarazadas que dean en adopción aos seus fillos”

– “A dereita máis rancia dende a ditadura, o Trío da Mentira, atopará de fronte ao PSOE loitando e defendendo os dereitos e liberdades de todas as persoas”

Lugo, 15 de marzo de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, apuntou este venres que “o único desexo de Feijóo é que gañe e goberne a dereita máis rancia dende a ditadura: o PP de Casado que empuxa Feijóo, Cs e Vox. Entre a foto das Azores, con tres líderes da dereita mundial, ata a foto de Colón, cos tres iconos da dereita española, houbo moito sufrimento, mortes e mentiras. O obxectivo de Feijóo é que volva o Trío da Mentira que serve aos mesmos intereses cheos de agresividade, violencia e desprezo ás persoas. Pero atoparán de fronte ao Partido Socialista defendendo os dereitos e liberdades de toda a sociedade”

Así o subliñou Santos Ramos a preguntas dos xornalistas ao respecto das recentes declaracións públicas de Feijóo sobre o voto a Vox. “Non me sorprendería que o PP pacte con Vox antes das eleccións, como por suposto despois, pois os populares xa lle pediron que non presente listas en provincias pequenas e candidatos como Carballo xa ten dito ao lucenses que non voten a Vox porque xa está o PP para representalo”.

Propostas do PP de Feijóo e Casado machistas e xenófobas

“Feijóo estase a desvelar. Faime lembrar a Gallardón, que se dicía que era o máis progresista do PP e logo demostrou representar a parte máis rancia dos populares. Estámolo a ver coas recentes medidas que propoñen dende o PP como atraer só a mulleres inmigrantes en idade fértil ou prolongar a estancia no país de mulleres embarazadas que dean en adopción aos seus fillos. Propostas do PP de Feijóo e de Casado machistas, xenófobas, perigosas, de desprezo e ataque aos dereitos e liberdades das persoas, que dende o PSOE xamais imos a consentir”.

Que che pareceu o artigo ?