fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Concello fixo todos os traballos de legalización do polígono estando á espera de que a Xunta o inscriba no Rexistro de Planeamento para dar licenzas

– Mellora da Ruta da Minas ou posta en valor dos fornos e área recreativa do Boulloso cun investimento inicial de 145.000 euros: novos proxectos turísticos

– “Os representantes do goberno municipal vivimos e traballamos todos os días pola Pontenova como veciños máis que somos. O voceiro do PP só acode ao noso municipio por motivos laborais. Ao Concello vai exclusivamente cando hai Pleno”

A Pontenova, 15 de marzo de 2019.- O 26 de marzo, escrituraranse os terreos necesarios para a construción da residencia de maiores da Pontenova. A Deputación adquiriu parte deste espazo e o Concello xa lle abonou preto de 95.000 euros. Estase a redactar o proxecto para a súa licitación e iniciar o proceso de contratación das obras.

Sobre o polígono industrial, o Concello fixo todos os traballos que lle corresponden para a súa legalización, estando agora pendente de que a Xunta de Galicia inscriba os novos terreos no Rexistro de Planeamento para poder conceder novas licenzas ás empresas interesadas.

Ao respecto do turismo, o Concello está traballando en novos e importantes proxectos como na mellora das Rutas da Minas ou na posta en valor da área recreativa do Boulloso onde se van a restaurar un forno. De feito, o Concello investiu 145.000 euros na totalidade do proxecto.

Descoñecemento ou mentiras?

“O voceiro do Partido Popular debería coñecer toda esta información, pois o Concello traballa con absoluta transparencia, podendo dirixirse en calquera momento aos traballadores municipais para acadar a documentación que requira. Ou ben mente ou demostra un absoluto descoñecemento e preocupación pola Pontenova ante as falsas acusacións públicas que fixo”.

Así o apuntou o Tenente de Alcalde. Francisco Martínez Bermúdez subliñou que “as persoas que integramos o goberno municipal somos pontenoveses que nos preocupamos e atendemos día tras días ás necesidades do noso Concello como veciños máis que somos. Vivimos e traballamos pola Pontenova, estando sempre a disposición dos nosos veciños, compañeiros e amigos. Pode que isto non o saiba o voceiro do PP, pois é notable a súa ausencia”.

Acudir ao Pleno: única preocupación do voceiro do PP pola Pontenova

“Acude á Pontenova só por motivos laborais e ao Concello exclusivamente cando hai Pleno. Nin o vimos en citas nas que participamos todos os veciños da Pontenova como a Feira de Antigüidades, a Festa do Troita, a da Malla ou o Baixeo, entre outras. Non fixo nin unha soa proposta polo Concello máis alá de pedir que se poña en marcha o tren da Pontenova a Ribadeo. Cando menos, podería pedirlle aos seus compañeiros do PP que axilice a inscrición para a legalización do polígono e poder dar licencias”.

Que che pareceu o artigo ?