fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– A Alcaldesa destacou que “esta medida suporá un aforro considerable para cada familia no recibo correspondente aos meses de outubro, novembro e decembro”. O Concello enviou unha carta a cada veciño explicando a iniciativa

– O goberno socialista tomou esta medida porque durante varios meses Guitiriz estivo sen suministro de auga potable pola elevada concentración de ferro

– Regina Polín subliñou que “investimos 41.000 euros para instalar un desferrizador co que se conseguiu eliminar o exceso dese mineral na auga, limpamos os depósitos e imos cambiar os filtros da potabilizadora e renovar a tubaxe que bordea o pantano

Guitiriz, 13 de marzo de 2019.- A Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín García, informou este mércores que o equipo de goberno decidiu non cobrar aos veciños a taxa de auga de 3 meses tras os problemas relacionados coa subministración de auga potable debido a unhas avarías. A rexedora destacou que “esta medida suporá para un aforro considerable no recibo correspondente aos meses de outubro, novembro e decembro”. O Concello enviou unha carta a cada veciño explicando dita iniciativa.

Regina Polín aclarou que durante o verán producíronse diferentes danos que provocaron problemas na auga da traída, acentuándose notablemente a turbidez que case todos os anos se detecta na auga encorada no pantano de San Xoán. A partir de setembro detectouse unha alarmante coloración por mor da elevada concentración de ferro. “Despois de moitos estudos levados a cabo, confirmamos que o problema provía de dentro do encoro e solucionalo resultou moi complexo polo período de seca durante o outono. Isto ocasionou que o municipio estivese sen suministro de auga potable para o consumo humano por un tempo” apuntou a socialista.

Investimentos municipais para mellorar a calidade da auga

A Alcaldesa de Guitiriz destacou que o goberno municipal socialista investiu 41.000 euros para instalar un desferrizador co que se conseguiu eliminar o exceso dese mineral na auga. Tamén se procedeu á limpeza profunda dos depósitos para eliminar calquera resto de elementos que puidesen afectar á calidade da auga.

Próximas actuacións

Regina Polín avanzou que “dende o Concello estamos traballando para cambiar os filtros da potabilizadora e renovar a tubaxe que bordea o pantano, consultando con técnicos para comprobar se é posible unha limpeza do encoro co fin de manter o suministro nas mellores condicións e evitar novos problemas nos vindeiros anos”. A rexedora subliñou que o Concello está buscando novos aportes de auga que poidan ser empregados no caso de presentarse etapas de seca.

Que che pareceu o artigo ?