fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– “Feijóo abraza a Vox e ao transfuguismo. O radicalismo está provocando unha desbancada no PP. Vanse históricos políticos en Lugo, teñen problemas en Monforte ou Viveiro…”

– “O Goberno de Sánchez devolveu dereitos e liberdades que o PP arrebatou a todos os cidadáns como por exemplo uns medios de comunicación públicos libres. Apoio aos traballadores de CRTVG que son vítimas da opresión, represión, manipulación ou imposición do PP”

Lugo, 16 de marzo de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, subliñou este sábado no programa Galicia por Diante, da Radio Galega, que “o PP xa non disimula e amosa o que realmente é. Feijóo propón atraer a mulleres inmigrantes en idade fértil mentres Casado quere prolongar a súa estancia no país se dan en adopción os seus fillos. Isto é atroz é vil. A dereita instalouse na violencia, na agresión, no machismo, no desprezo, na desigualdade e no ataque ás persoas. En España, estase dando outra vez o Trío das Azores, aqueles tres referentes da dereita mundial que provocaron mortes sostidas en mentiras que agora no noso país retoman o PP, con Feijóo e Casado; Cs, con Rivera; e Vox con Abascal”.

Feijóo abrazado a Vox e ao transfuguismo

“Esta semana vimos a Feijóo na provincia de Lugo pedindo aos cidadáns e a Vox que o votaran a el porque representa a dereita rancia ao tempo que se abraza ao transfuguismo. O PP na Deputación de Lugo leva moito tempo aliado co transfuguismo para tratar de bloquear todos e cada un dos proxectos que os socialistas poñemos en marcha en todos os Concellos e para todos os lucenses”.

Desbancada no PP

Santos Ramos apuntou que “o radicalismo da dereita está provocando unha desbancada no PP, que ten dificultades para consolidar candidaturas. Serven de exemplo Monforte de Lemos, un dos municipios máis poboados da provincia, no que non hai entendemento entre a dirección provincial e local; en Viveiro ocorre o mesmo e en Lugo vanse políticos históricos. Hai un cambio de ciclo porque o PP xa non disimula quen é e iso provoca que xente moderada non participe nunha organización que está instalada no poder e impoñendo as súas ideas”

Devolver dereitos e liberdades

O Secretario Xeral destacou “o traballo feito polo Goberno de Pedro Sanchez durante estes meses para devolver dereitos e liberdades a todos os cidadáns que nos arrebatou o PP”. Como exemplos apuntou a suba do salario mínimo que afectou a 100.000 galegos, o incremento das pensións que beneficia a 117.000 lucenses ou o dereito ao subsidio por desemprego ás persoas maiores de 52 anos.

 

“O Goberno Socialista devolveu a liberdade aos cidadáns. Outro exemplo é RTVE. Neste eido, quero amosar a solidariedade do PSOE cos traballadores da CRTVG que están sendo vítimas da opresión, represión, manipulación e imposición do discurso que lle interesa ao Partido Popular. Detrás do PP hai mentira e detrás do PSOE hai liberade de expresión e opinión ao servizo do traballo”

Que che pareceu o artigo ?