“O regreso do Alcalde ao PP ven motivado polas súas ambicións persoais. Os veciños de Chantada danlle igual”
– Raquel López apuntou que “isto responde a un paripé do rexedor e do PP, do que terá que dar explicacións aos veciños. O verdadeiro candidato é o número 2 da súa lista posto que o señor Varela xa ten a cabeza posta noutros privilexios”
“Dará carpetazo ás necesidades dos chantadinos como fixo nos últimos anos, rexeitando iniciativas que beneficiaban aos veciños, como que o PP achegue investimentos do canon da auga; ou non sumándose as demandas dos chantadinos, como a defensa dunha atención primaria de calidade”
Chantada, 23 de marzo de 2019.- A voceira socialista de Chantada, Raquel López Rodríguez, subliñou que “vanse coñecendo os verdadeiros motivos polo que o Alcalde regresa ao PP. Como nos temíamos dende o PSOE, a decisión non ven motivada polo ben de Chantada, ao señor Varela dálle exactamente igual os chantadinos, é unicamente por ambicións persoais”. Raquel López fixo estas declaracións tras coñecerse que o rexedor popular será candidato ao senado.
Raquel López apuntou que “isto responde a un paripé do Alcalde e do PP, do que terá que dar explicacións aos veciños de Chantada. O verdadeiro candidato a Alcalde é o número 2 da súa candidatura posto que o señor Varela xa ten a cabeza posta noutras cousas”.
“Estou convencida de que dará carpetazo ás necesidades dos veciños de Chantada como fixo nos últimos anos, rexeitando iniciativas que beneficiaban ao conxunto da sociedade chantadina, como que o PP achegue investimentos dos cartos recadados polo canon da auga; ou non sumándose as demandas dos chantadinos, como a defensa dunha atención primaria digna, gratuíta e de calidade”.
“O señor Varela xa non ten escusas, quedou retratado como o que realmente é, unha persoa que se move polo interese persoal. Os veciños de Chantada necesitan un equipo preparado e traballador que representamos os socialistas” apuntou a voceira.