Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O voceiro do PSOE reprobou que o goberno só deixou 2 días para estudar as contas que presentará no Pleno de hoxe, ademais de convocar a comisión encargada de analizar o reparto dos fondos hora e media antes do pleno

– “Ante a falta de tempo para examinar con detalle o orzamento e presentar algunha emenda en relación ao mesmo, dende o PSOE imos a votar en contra porque está a obstaculizarse o labor de fiscalización da oposición”

– Eladio Fernández explicou que non se están cumprindo os acordos aprobados no Pleno posto que o PSOE solicitou ao rexedor que facilitara por correo electrónico toda a documentación e non lles chegou nada

Sober, 14 de marzo de 2019.- Os socialistas de Sober denuncian as trabas e o escurantismo do Alcalde do PP con respecto aos orzamentos municipais. O voceiro do PSOE, Eladio Fernández, reprobou a actitude do equipo de goberno que só deixou 2 días para estudar as contas que presentará no Pleno Extraordinario deste xoves, ademais de convocar a comisión económica, encargada de analizar o reparto dos fondos, hora e media antes da sesión plenaria.

“Ante a falta de tempo material para poder examinar con detalle o orzamento e así presentar algunha proposta ou emenda en relación ao mesmo, dende o PSOE imos a votar en contra porque consideramos que se está a obstaculizar o labor de fiscalización da oposición ante un documento tan importante como é o presuposto para este ano” subliñou o voceiro socialista.

Eladio Fernández explicou que “non se están cumprindo os acordos aprobados no Pleno da Corporación posto que os socialistas solicitamos ao rexedor do PP que facilitara por correo electrónico toda a documentación dos plenos, os decretos aprobados por Alcaldía, as actas das Xuntas de Goberno, así como toda a información relevante para o municipio, pero non nos está chegando nada”. O voceiro municipal destacou que fixeron esta proposta para facilitar o traballo aos concelleiros porque a maioría da corporación non dispón de tempo para achegarse a pola documentación ao Concello porque traballan.

“Non queremos ser mal pensados, pero o comportamento do señor Guitián fainos sospeitar que esconde ou oculta algo das contas do 2019. Esixímoslle máis transparencia na súa xestión e respecto para o resto de grupos políticos que formamos parte do Concello e que foron os veciños de Sober os que nos votaron para representalos” apuntou o socialista.

Que che pareceu o artigo ?