fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– Ana Rubinos explicou que “isto provocou moitas queixas de familias que víronse obrigados a levar aos seus fillos a municipios limítrofes que si tiñan unha programación especial dirixida aos máis pequenos”

– “Este é un exemplo máis da desidia e indolencia do Alcalde que nin se preocupa de que os nenos de Becerreá, cabeceira de comarca, teñan unha xornada única e diferente. Unha total falta de respecto” lamentou Ana Rubinos

Becerreá, 7 de marzo de 2019.- O PSOE de Becerreá denunciou este xoves que o Concello non ofreceu ningunha actividade para o Entroido como en anos anteriores. “Isto provocou moitas queixas de familias que víronse obrigados a levar aos seus fillos a municipios limítrofes que si tiñan unha programación especial dirixida aos máis pequenos” explicou a voceira socialista, Ana Rubinos.

Durante estes últimos anos Becerreá sempre contaba con actividades para o Entroido. “Este ano o Alcalde e o seu equipo de goberno non tiveron nin a decencia de facer un desfile de disfraces ou contratar a unha charanga para que a vila teña actividade e sexa un atractivo máis para impulsar o turismo”.

“Este, por desgraza, é un exemplo máis da desidia e indolencia do goberno municipal que nin se preocupa de que os nenos e nenas de Becerreá, cabeceira de comarca, teñan unha xornada única e diferente. Unha total falta de respecto” lamentou Ana Rubinos.

A voceira socialista subliñou que “o Alcalde ten que reflexionar e pararse a pensar se de verdade está traballando por buscar a implicación dos becerrenses no día a día do Concello ou pola contra só está pendente doutros intereses, que descoñecemos”.

Que che pareceu o artigo ?