fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Viveiro, 12 de marzo de 2019.- Veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense volvéronse a concentrar este martes diante deste edificio en protesta pola situación na que o goberno galego mantén a atención primaria pública neste municipio e para reclamar solucións xa. A Xunta de Galicia do PP négase a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como a de pediatría e tampouco cubre as baixas médicas por enfermidade ou vacacións. Todo isto en detrimento das 15.500 familias de Viveiro e das case 3.000 do Vicedo e Ourol cuxo Punto de Atención Continuada é o viveirense.

Que che pareceu o artigo ?