Veciños e persoal do centro de saúde e PAC de Viveiro levan 3 meses reclamando solucións pero a Xunta “non fai nada”
Viveiro, 11 de abril de 2019.- Veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse este xoves diante deste edificio en protesta da situación na que a Xunta de Galicia mantén a atención primaria pública nesta municipio e para reclamar solucións xa. O goberno galego do PP négase a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como pediatría e nin tan sequera cubre as baixas médicas xustificadas por enfermidade ou días libres. Os viveirense levan 3 meses denunciando dita situación pero o Sergas non tomou ningunha medida ao respecto.