fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– Os candidatos do PSOE ao Congreso e o Senado pola provincia de Lugo puxeron en valor este xoves as políticas levadas a cabo polo Goberno Central para mellorar a calidade de vida dos máis novos
– César Mogo subliñou que “os rapaces elixirán o modelo socialista e non o dos últimos 7 anos do PP que provocaron o exilio laboral de tantos deles”
– Ana Prieto destacou varias medidas do Executivo de Sánchez como a modernización do sistema de becas, a gratuidade das primeiras matrículas na Universidade ou o plan para inserir no mercado laboral a 160.000 rapaces

Lugo, 11 de abril de 2019.- O candidato do PSOE ao Senado pola provincia de Lugo, César Mogo, e a candidata socialista ao Congreso, Ana Prieto, puxeron en valor este xoves as políticas levadas a cabo polo Goberno Central para mellorar a calidade de vida da xente nova. Fixérono nun acto enmarcado na campaña #FainoConPedro, a iniciativa que impulsan as xuventudes socialistas en toda Galicia, e que contou coa presenza do Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, así como outros compañeiros lucenses.

César Mogo destacou que “Lugo, Galicia e España xóganse avanzar co Partido Socialista ou retroceder coas tres dereitas. Os rapaces xóganse consolidar un modelo de vida libre e respectuoso con cada cal ou o regreso a un país conservador, con obstáculos ao desenrolo da súas expectativas vitais. Xóganse un pais con dereitos recuperados e novas prestacións ou un país que retorna as políticas dos sacrificios para a maioría. En definitiva, a xente nova xógase que ganen as propostas como a da renda de emancipación e o plan de retorno para os novos investigadores ou seguir instalados na pasividade dos últimos 7 anos do goberno do PP que provocaron o exilio laboral de tantos deles. Os mozos non van a estar con quen votou en contra de que se ampliaran os investimentos para as bolsas de estudos como levou Pedro Sánchez e que foi derribado polo PP, Cs e os independentista. Eles e elas estarán con que lles propoña avanzar e non retroceder, e ese modelo é o do Partido Socialista”.

Ana Prieto subliñou que “os socialistas incluímos no noso programa modernizar o sistema de becas para protexer o dereito á educación e ampliar a igualdade de oportunidades, establecer de forma gradual un sistema que garanta a gratuidade das primeiras matrículas na Universidade e queremos aprobar un estatuto do bolseiro, fomentando a súa retribución, limitando os períodos de prácticas e establecendo un porcentaxe máximo de bolseiros nas empresas”. A candidata do PSOE ao congreso insistiu no Plan de choque integral de emprego para a xente nova no que se investirán 2.000 millóns en 3 anos para reducir o paro xuvenil e inserir no mercado laboral a 168.000 rapaces, así como nas medidas de igualdade e de transición ecolóxica “que o PP quere suprimir”.

#FainoConPedro
As Xuventudes Socialistas en Galicia repartiron na capital lucense folletos informativos animando á xuventude a sumarse ao equipo do cambio “para loitar polos dereitos da cidadanía e recuperar a dignidade política”.

Que che pareceu o artigo ?