fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Sober, 6 de abril de 2019.- O Concelleiro do PSOE en Sober, Eladio Fernández, presentou este sábado a candidatura dos socialistas para as próximas eleccións municipais. Fíxoo acompañado do Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, así como de compañeiros e veciños do Concello.

Eladio Fernández é veciño da parroquia de Rosende e militante do PSOE dende hai moitos anos, leva presidindo a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA) durante moito tempo, promovendo valores tan importantes como o respecto e a igualdade de dereitos.

O candidato socialista agradeceu a confianza dos compañeiros de partido e destacou “a enorme ilusión que me fai liderar o proxecto dos socialistas en Sober. A nosa candidatura está representada por 14 veciños do Concello, con ampla experiencia en xestión municipal e caras novas con ganas de cambiar o rumbo do Concello e poñelo no lugar que se merece”.

Orzamentos participativos
“Se chegamos ao goberno a primeira medida que imos a tomar dende o PSOE é presentar uns orzamentos participativos, mantendo reunións nas 22 parroquias e con todos os colectivos do Concello, para darlle voz á cidadanía, máis transparencia ao Consistorio, e deste xeito cubrir, de verdade, as necesidades dos soberinos”, subliñou o candidato socialista.

Comprometidos co rural e coa atención aos maiores
Eladio Fernández destacou que “estamos comprometidos co medio rural e a dinamización das parroquias, para iso, desenvolveremos diferentes iniciativas que busquen ofrecer aos veciños máis servizos e prestacións. Por exemplo, poremos en marcha un plan de actuación para mellorar os camiños e dotar de traídas de auga ao noso rural. Para os socialistas a atención aos maiores é prioritaria. Neste eido, acábase de aprobar a proposta que levamos dende o PSOE para que Sober conte cun servizo que atenda as necesidades reais das persoas non dependentes e que agora non se están cubrindo. Esta liña vai a ser a nosa folla de ruta porque somos conscientes da importancia de que os nosos maiores estean preto dos seus fogares e do seu entorno”.

Dinamizar o turismo
O candidato do PSOE á alcaldía de Sober lamentou que “non se estea facendo nada dende o Concello para dinamizar o turismo e que os veciños vexan repercutido na súa economía a visita de turistas ao municipio. Temos que impulsar iniciativas e propoñer actividades para que os nosos comerciantes, apicultores, agricultores… benefíciense da gran cantidade de turistas que veñen a desfrutar da Ribeira Sacra. Ten que ser un dos nosos motores económicos”.

14 veciños implicados con Sober
A candidatura do PSOE para as eleccións municipais a forman os seguintes veciños de Sober: Eladio Fernández Pérez, Santiago Pérez Rodríguez, Eloy Pérez Otero, Francisco Domingo Ledo Freire, Ángel Rodríguez Fernández, Mari Carmen Freire Pardo, Manuel Díaz Soto, Lino Trigo Álvarez, Carmen Gallego Franco, Rocío Salgado Macía, Basilio Cobo Rodríguez. Suplentes: José González Canel, Ángel Díaz Borges e María Victoria Fernández Pérez.

Que che pareceu o artigo ?