“Non saír a votar supón o risco de que a dereita impoña aos lucenses un modelo reaccionario e de retraso”
Lugo, 26 de abril de 2019.- O candidato do PSOE ao Senado pola Provincia de Lugo, César Mogo, destacou este venres que “non saír a votar este domingo supón o risco de que a dereita impoña aos máis de 300.000 lucenses un modelo reaccionario e de retraso”. Fixo estas afirmacións durante un encontro con veciños na capital lucense no que participaron candidatos do PSOE ao Congreso e o Senado, así como compañeiros do partido na provincia.
César Mogo subliñou que “estas Eleccións Xerais non son calquera. Xogámonos avanzar ou retroceder. Xogámonos seguir coas políticas sociais destes 10 meses ou volver para atrás ás políticas nefastas para os veciños. A dereita vendeunos que a situación económica impedía materializar medidas para mellorar o benestar da xente e demostrámoslles que podemos avanzar sen poñer en risco a economía do país. En cambio, durante estes anos a dereita recortou pensións, obrigou aos maiores a pagar os medicamentos que antes eran gratuítos, suprimiron a Lei de dependencia… e agora queren baixar o SMI, queren limitar ás mulleres o dereito a abortar, propoñen que as madres inmigrantes dean os seus fillos en adopción para retrasar a súa expulsión do país ou entre outras iniciativas que van en contra da dignidade das persoas”.
“Lugo necesita parlamentarios no Congreso e no Senado preocupados pola provincia, que presenten iniciativas e impulsen proxectos. Non como os do PP que non fixeron nada, pois non hai rastro de actividade parlamentaria. Os socialistas imos a defender sempre os intereses do territorio e de todos os lucenses”.
O trío de Colón ou o PSOE
“Temos exemplos de que a estrema dereita pode chegar ás institucións. O temos en Andalucía, en Brasil ou en Estados Unidos. A dereita española xa dixo con quen quería gobernar, coa estrema dereita. Os cidadáns teñen dúas opcións: o trío de Colón ou o Partido Socialista. Os votos que non sexan para o PSOE irán para o bloque da involución que representan PP, C´s e Vox. Por iso, os lucenses teñen que saír da casa e concentrar o voto nos socialistas para que entre todos fagamos posible unha lexislatura de prosperidade e un futuro mellor”.