fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Alcalde da Pontenova lamentou este martes que o candidato do PP a alcaldía “só salga nos medios de comunicación para mentir, manipular e intentar enganar aos veciños da vila. Que a estas alturas non saiba que a Festa da Troita a organiza unha asociación é o exemplo da desconexión do PP coa Pontenova”

Campos Conde convidou a Gutiérrez a que lle pida aos seus compañeiros do PP que colaboren co evento ao igual que fai o Concello e a Deputación, que destinan 8.000 euros, ademais de achegar medios humanos e materiais

A Pontenova, 30 de abril de 2019.- O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, lamentou este martes que o candidato do PP a alcaldía, David Gutiérrez, “só salga nos medios de comunicación para mentir, manipular e intentar enganar aos veciños da vila. E o fai cando asegura que o Concello da Pontenova non solicitou as axudas da Xunta de Galicia por ser a Festa da Troita de Interese Turístico Galego. O Concello non pode solicitar ditas axudas porque non organiza dito evento. É o Centro de iniciativas turísticas o que organiza a Festa da Troita e o Consistorio apoia, como todos os anos, ao igual que a Deputación, a celebración da cita. Esas axudas, como debería coñecer o candidato do PP, só se poden dar a Concellos e non a entidades, por iso nin se solicita nin se recibe ningunha partida desas subvencións”.

“Que a estas alturas o señor Gutiérrez non saiba que a Festa da Troita organízaa unha asociación é o exemplo perfecto da desconexión do PP cos veciños e co Concello da Pontenova. Nin están nin se lles espera. É, lamentablemente, a dinámica destes 4 anos das políticas do Partido Popular que non presentou nin unha soa proposta seria no Pleno da Corporación municipal”.

Campos Conde convidou a David Gutiérrez a que lle pida aos seus compañeiros do PP na Xunta de Galicia que colabore coa Festa da Troita ao igual que fai o Concello e a Deputación que destinan 3.000 e 5.000 euros, ademais de achegar persoal municipal e material para apoiar loxisticamente o evento. “Unha vez máis demóstrase o nulo compromiso e interese por parte do PP cos veciños da Pontenova e a implicación dos socialistas por dinamizar a economía e o turismo do noso Concello”.

Que che pareceu o artigo ?