fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Secretario Xeral do PSOE na Provincia mantivo unha reunión de traballo co Secretario Provincial do SUP, no que abordaron a necesidade de cumprir co acordo de equiparación salarial, mellorar as pensións de xubilación, orfandade e viuvez, a creación e dotación dunha UPR, actualizar o catálogo de postos de traballo e contar con máis medios humanos e materiais

Lugo, 26 de abril de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, mantivo este venres unha reunión de traballo co Secretario Provincial do Sindicato Unificado de Policía, Jorge Varela, para analizar a situación actual dos corpos nacionais de Policía na provincia.

Durante o encontro abordaron varios temas como a necesidade de cumprir co acordo de equiparación salarial, a reclasificación do Grupo B que mellorará as pensións de xubilación, orfandade e viuvez, a creación e dotación dunha UPR como no resto de provincias galegas, actualizar o catálogo de postos de traballo para adecualo ás necesidades reais da sociedade e contar con máis medios humanos e materiais.

Santos e Varela tamén amosaron a súa preocupación polo incremento dos casos de suicidio no corpo e a importancia de poñer en marcha un protocolo antisuicidios e iniciativas que melloren o benestar psicolóxico dos axentes, así como a obriga de actualizar o procedemento das dietas, entre outros asuntos.

Santos Ramos subliñou que “trasladaremos todas estas demandas da Policía Nacional á Subdelegación do Goberno de Lugo para o seu coñecemento, para que avancemos na mellora da seguridade dos lucenses e sigamos sendo unha das provincias máis seguras de toda España”.

Que che pareceu o artigo ?