fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– A voceira do PSOE explicou que “chegáronnos queixas de veciños que viron como en Semana Santa os contedores de lixo estaban desbordados por unha falta de previsión e un servizo ineficaz. E máis, os traballadores públicos tiveron que recoller o lixo cun tractor e un remolque, unha imaxe tercermundista”
– “Sufrimos unha prestación deficitaria cando o rexedor ten a súa disposición os 135.000 euros que aporta a Deputación para a compra do camión e o Concello recada uns 60.000 euros ao ano en recibos que lle cobra aos seoanenses. Onde van a parar eses ingresos?”, denunciou Porto

Antas de Ulla, 25 de abril o de 2019.- O PSOE de Antas de Ulla censura que o Alcalde non merque o camión de recollida de lixo cando a Deputación achegou 135.000 euros a finais do ano pasado para a súa adquisición. A voceira socialista, Pilar García Porto, explicou que “chegáronnos queixas de veciños de Antas de Ulla e das parroquias do rural que viron como en Semana Santa, co aumento de poboación, os contedores de lixo estaban desbordados por unha falta de previsión e un servizo ineficaz. E máis, os propios traballadores públicos tiveron que recoller o lixo cun tractor e un remolque, unha imaxe tercermundista do noso municipio”.

“Esiximos ao Alcalde que cumpra cos veciños e que merque o camión de lixo cos 135.000 euros que puxo a súa disposición a Deputación dende hai 4 meses. Sufrimos unha prestación pública deficitaria cando o rexedor ten a súa disposición, dende hai 4 meses, os cartos para poder mercar o vehículo, e cando o Concello recada uns 60.000 euros ao ano en recibos que lle cobra aos seoanenses. Onde van a parar eses ingresos?”, denunciou García Porto.

“Unha vez máis vemos dous modelos confrontados. A desidia e a parálise do Alcalde e o traballo e compromiso do PSOE, pois este ano ven recollida unha partida económica da Deputación, a través do Plan Único, para dotar de novos contedores nos núcleos rurais e seguir mellorando o servizo de recollida de lixo. Os socialistas somos os únicos que achegamos investimentos reais aos veciños de Antas de Ulla e así o demostramos durante todo este mandato”.

A calefacción do centro de saúde segue avariada
A voceira municipal advertiu que a calefacción do centro de saúde segue avariada. “Os problemas na caldeira continúan e os usurarios quéixanse, como é lóxico, ante esta situación tan precaria”.

Que che pareceu o artigo ?