fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Os socialistas chantadinos presentaron na mañá de hoxe domingo públicamente ó equipo de mulleres e homes co que esperan liderar o goberno municipal a partires das eleccións locais do vindeiro 26 de maio.

Concorre de novo encabezando como candidata á alcaldía Raquel López, que nos comicios do 2015 levou ó PSdeG-PSOE de cuarta forza a líderes da oposición, sendo a única candidatura que aumentou o seu respaldo en votos e constituindo a alternativa clara de goberno.

Raquel López quixo poñer en valor “este mes de intenso traballo despois de aprobar a candidatura, escoitando á veciñanza e preparando un programa electoral realista para dar resposta ós problemas de todos, mentres na dereita das siglas cambiantes estaban centrados nos seus propios xogos de tronos e de intereses persoais para formar a súa lista”. López tamén quixo opinar sobre os nomes anunciados polo Partido Popular, afirmando que “é como un plato recociñado mil veces: as mesmas caras, o mesmo esgotamento, a mesma inacción de sempre. Manuel Varela, que pretende fuxir a un retiro dourado, non foi quen de implicar a ningunha nova cara que queira participar dese desproxecto e tivo que recorrer ó de sempre, con tal deformar unha lista e poder marxinar ós populares que permaneceron leais ás siglas”.

“Formamos un equipo para gobernar, perfís de indudable valía para tomar o mando da administración, quitar as telarañas da Casa do Concello e dar respostas ós problemas da cidadadanía”, afirmou López, quen, valorando a acollida da candidatura, opina que “cada día son máis e máis os veciños e veciñas que se achegan a nós para contarnos as súas dificultades e darnos a súa confianza para tomar o relevodo actual goberno. Como proba a gran participación acadada para a elaboración do programa electoral, que presentaremos despois das eleccións xerais”.

Finalizou Raquel López chamando á participación nas eleccións xerais do próximo domingo, nas que “nos xogamos seguir adiante co proxecto de futuro, de loita contra a desigualdade e de progreso social de Pedro Sánchez ou voltar ás cavernas da dereita contaxiada na médula polas ideas da ultradereita. As xerais son o preludio do cambio en Chantada e animo a todos a acudir a votar en clave de futuro e prosperidade”.

Recordamos a candidatura municipal que presenta o PSdeG-PSOE de Chantada e que foi aprobada en asemblea o pasado 15 de abril:

1 RAQUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO
2 JOSÉ LUIS VÁZQUEZ HERMIDA ADMINISTRATIVO
3 MARÍA VARELA RODRÍGUEZ LICENCIADA EN ADE
4 DANIEL GÓMEZ FERNÁNDEZ-CAMIÑAS ENXEÑEIRO DE CAMIÑOS
5 MARÍA ARGIZ LEDO PROFESORA DE ENSINO SECUNDARIO
6 XOSÉ MANUEL SOENGAS LEDO PREXUBILADO
7 ZAIDA GONZÁLEZ VÁZQUEZ DIPLOMADA EN EDUCACION INFANTIL
8 HÉCTOR DIÉGUEZ GARCÍA OPERARIO DE FÁBRICA
9 MARÍA MERINO MARTÍNEZ XEROCULTORA
10 SERGIO ESTÉVEZ ÁLVAREZ GANDEIRO
11 ELENA PAVÓN RAMÍREZ ENFERMEIRA
12 CRISTIAN VARELA CASAS CABO DE BOMBEIROS
13 JOSÉ ANTONIO NEIRA VÁZQUEZ HOSTELEIRO

S1 LUIS DEUS GAMALLO XUBILADO
S2 MARÍA ESTHER SEIJAS VILELA AMA DE CASA
S3 MARIA LUZ FERNÁNDEZ LÓPEZ XUBILADA
S4 MARÍA JESÚS RODRÍGUEZ LÓPEZ MESTRA
S5 HÉCTOR LEDO RODRÍGUEZ GANDEIRO

Que che pareceu o artigo ?