fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Rafael García destacou que “é unha candidatura forte, sólida e interxeracional que representa ao conxunto da sociedade e coa que ofreceremos un proxecto de presente e de futuro para Monterroso”

Monterroso, 22 de abril de 2019.- O candidato do PSOE á alcaldía de Monterroso, Rafael García, avanzou este luns as persoas que integrarán a lista dos socialistas para as próximas eleccións municipais. “Trátase dunha candidatura forte, sólida e interxeracional que representa ao conxunto da sociedade de Monterroso e aos diferentes sectores que a compoñen. Conta con auxiliares de enfermería, educadores sociais, xubilados, camareiros, construtores, gandeiros, bombeiros, mozos de almacén e técnicos en actividades físicas e deportivas.

Rafael García destacou que “imos presentar un proxecto para Monterroso de presente e de futuro, con políticas sumamente sociais que busquen o beneficio de todos os veciños e non duns poucos. O noso compromiso é traballar para solucionar os problemas da cidadanía, escoitándoos e xestionando ben os recursos públicos, sempre coa mirada posta no rural e nas nosas parroquias”.

O candidato socialista puxo en valor o importante labor desempeñado polo grupo municipal nesta lexislatura, especialmente o traballo do seu voceiro, Darío Rodríguez Vázquez, “do que estamos moi agradecidos e que nos serve como guía para seguir coa liña de traballo”.

Lista do PSOE en Monterroso
A agrupación socialista fará un acto nos vindeiros días para presentar aos veciños de Monterroso a súa candidatura. As persoas que integran a lista son Rafael García Figueras, Esther Rodríguez García, David Rodríguez Novo, Fernando Otero Gómez, María Isabel Vila Vázquez, Juan Vázquez Varela, Noelia López Pires, María Peña Viñas, Rodrigo Vázquez Rodríguez, María Luisa García Sánchez, Oscar Novo Rodríguez, Victor Castiñeira López, Magali de Pinho Martínez, José Luís Vázquez García, Luis Rodríguez Ferreiro, Begoña Gómez Cabana, Tania Rodríguez Carballo e José Viñas Villar.

Que che pareceu o artigo ?