O PSOE ofrece aos traballadores de Alcoa respostas realistas para a estabilidade dos empregos fronte á pasividade do PP durante anos que foi clave para que a crise se agudizara
– César Mogo, María Loureiroe Gonzalo Caballero, xunto a outros compañeiros, mantiveron este martes un encontro con traballadores da fábrica en San Cibrao
– “Para nós o primeiro sempre foron e son os traballadores. Todas medidas aplicadas, -novas inversións, paralización do ERE ou o estatuto dos consumidores electrointensivos – son froito do PSOE no Goberno do Estado”
– “O PP tenta sacar rédito político dos problemas industriais polos que non fixo nada. É máis, a súa pasividade no Goberno Central foi clave para que a crise se agudizara e no caso dalgunhas plantas chegaran a situacións comprometidas. Os traballadores de Alcoa están sufrindo as consecuencias da inacción do PP”
– O PP esixe agora solucións cando durante 7 anos no Goberno Central non fixeron nada. Non tiveron a decencia nin de reunirse cos traballadores”
Cervo, 2 de abrilde 2019.-O candidato do PSOE pola Provincia de Lugo ao Senado, César Mogo, a Vicesecretaria de Relacións Institucionais da Executiva Provincial e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, xunto a outros compañeiros, mantiveron este martes un encontro con traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao.
César Mogo explicou que “como fixemos sempre, hoxe estamos apoiando aos traballadores de Alcoa, escoitándoos e explicándolles a posición e o traballo que estamos a levar a cabo dende o PSOE. Queremos seguir falando con eles e intercambiando opinións porque entendemos a súa inquietude aínda que sabemos que non está en cuestión a viabilidade da planta de Alcoa de San Cibrao”.
“Todos os nosos esforzos, empezando polo Goberno Central, estiveron enfocados nos traballadores e en salvar os seus empregos. Todas as medidas que se refiren ás fábricas da Coruña e Avilés, buscando novas inversións ou paralizando o ERE, son produto da nova política industrial do Executivo do Estado”.
“Estamos nunha fase moi importante, o estatuto dos consumidores electrointensivos. O PSOE no Goberno Central ofrece respostas realistas ás crises industriais que se plantexan e que teñen que ver cos avances e a revolución tecnolóxica”.
“O Partido Popular está intentando sacar rédito político dos problemas industriais polos que non fixo nada. É máis, a súa pasividade mentres estivo no Goberno Central foi esencial e clave para que a crise se agudizara e no caso dalgunhas plantas chegaran a situacións comprometidas. Os traballadores de Alcoa están sufrindo as consecuencias da inacción do Partido Popular. En cambio, o Partido Socialista seguirá ao carón deles como fixo dende o primeiro día”, remarcou o candidato socialista ao Senado.
“O dobre xogo do PP”
María Loureiro denunciou “o dobre xogo do PP, que agora esixen solucións pero durante 7 anos no goberno central non fixeron nada, non tiveron a decencia nin de reunirse cos traballadores. En cambio, o PSOE no Goberno de España tivo sempre a man tendida a escoitar as peticións e as demandas dos traballadores de Alcoa. E agora estamos desenvolvendo o estatuto, un documento fundamental para conseguir a estabilidade que necesitan as máis de 200 familias da Mariña que viven dos empregos de Alcoa. Sempre estivemos e estaremos a carón dos traballadores, estando no goberno ou non. O PSOE da a cara”.