fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Secretario Xeral Municipal destacou que “unha das prioridades para os socialistas é achegar aos veciños dotacións públicas de calidade”
– As obras financiadas polo goberno da Deputación están a piques de rematar. Consisten na renovación do céspede do campo de herba natural, dotar de herba artificial ao campo de adestramento e instalar un novo sistema de rego

Taboada, 9 de abril de 2019.- Máis de 100 deportistas contarán cunhas instalacións de primeiro nivel en Taboada grazas aos investimentos achegados pola Deputación. O Secretario Xeral da agrupación, Roi Rigueira, destacou que “unha das prioridades dende o PSOE é achegar aos veciños dotacións públicas de calidade. Por este motivo, os compañeiros no Goberno Socialista dende o Goberno da Deputación, promoveron a achega de 330.000 euros para renovar o céspede do campo de herba natural, dotar de herba artificial ao campo de adestramento e instalar un novo sistema de rego para os dous terreos de xogo da Medela.

Roi Rigueira explicou que serán 3 quipos de fútbol os que se vexan beneficiados por estas actuacións levadas a cabo polos socialistas en Taboada: Taboada Club de Fútbol, Atlético Taboada e Taboada Veteranos. Durante esta tempada os xogadores tiveron que desprazarse a outros Concellos limítrofes para competir nas respectivas ligas debido ás obras no campo municipal. “Os traballos están a piques de rematar e os xogadores poderán desfrutar destas novas instalacións deportivas para a próxima tempada”.

“Unha vez máis é o PSOE o que impulsa a achega de novos investimentos a Taboada, convertendo á Deputación na institución que máis inviste no Concello. Estas colaboracións enmárcanse dentro da nosa aposta pola promoción do deporte como un hábito de vida saudable, capaz de dinamizar a economía e o turismo do Concello. Neste eido, dende o Partido Socialista traballamos para ofrecer aos taboadenses servizos públicos que cremos que son necesarios e xustos para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas”, subliñou o Secretario Xeral do PSOE municipal.

Que che pareceu o artigo ?