fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Monterroso, 1 de abril de 2019.- Os socialistas achegaron este luns a Monterroso a campaña Orgullos@s de ser de Lugo. O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Secretario Xeral en Monterroso, Rafael García, explicaron aos veciños que a iniciativa busca poñer en valor as emocións que xera pertencer a un territorio. O PSOE impulsará esta proposta polas rúas dos Concellos da provincia e nas redes sociais.

A todos as persoas que se sacaban unha fotografía no photocall situado no auditorio monterrosino, os socialistas lles regalaban camisetas, moedeiros, bolsas ou paraugas que levaban escrito o lema da campaña.

#OrgullososdeSerdeLugo

Para participar na campaña Orgullos@s de ser de Lugo as persoas interesadas deberán publicar un vídeo, unha foto ou un texto en Instagram co hahstag #OrgullososdeSerdeLugo. Hai dispoñible máis información e un vídeo tutorial de como participar en www.orgullosadeserdelugo.gal ewww.orgullosodeserdelugo.gal.

Que che pareceu o artigo ?