fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Cervo, 11 de abril de 2019.- Os socialistas de Cervo felicitaron este xoves á Asociación Cultural Airiños do Xunco polo acto emotivo da exposición Cervo na Memoria, no que homenaxearon “aos emigrantes que tiveron que saír da súa terra en busca de oportunidades para eles e as súas familias e que dende o alén non se esqueceron das carencias e necesidades do noso municipio naqueles tempos, e así coas súas achegas contribuír para facer tanto ben aos nosos veciños. Como proba disto foi a doazón deste edificio singular, nun exemplo total de altruísmo e solidariedade. Queremos agradecer a fundamental colaboración dos nosos compañeiros socialistas no Goberno Provincial pois sen os 150.000 euros que se destinaron dende a Deputación estas actuacións non serían posible”.

O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon, destacou que “os veciños de Cervo son agradecidos coas institucións que colaboran na mellora de prestacións públicas no seu Concello, por iso, en nome de todos eles, queremos poñer en valor dito investimento provincial que permitiu acondicionar un edificio histórico e que o colectivo conte cunhas instalacións dignas para o seu uso, co fin de seguir dinamizando a vida cultural do nosos municipio”.

Os traballos, financiados integramente polo organismo provincial, consistiron na rehabilitación da cuberta da Escola Unitaria, instalando novos canelóns e baixantes, así como facendo o saneamento do edificio para acabar co problema de humidades. As obras incluíron a restitución da carpintería exterior, como fiestras e portas, ademais de dotalo de novos aseos e accesos.

Que che pareceu o artigo ?