fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

López, Rivera e Caballero fixeron un treito do Camiño, “un dos piares económicos de Sarria do que estamos moi orgullosos”, destacou a Alcaldesa

Sarria, 2 de abrilde 2019.-A Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez,o Secretario de Coordinación da Comarca de Sarria e Deputado Provincial, Pablo Rivera, e o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixeron este martes un treito do Camiño Francés ao seu paso por este municipio. López Yáñez informou sobre as actuacións levadas a cabo dende o Concello e con axuda da Deputación para potenciar o Camiño “un dos piares económicos de Sarria do que nos sentimos moi orgullosos”.

A Alcaldesa explicou que se instalou nova sinalización, como as letras do Concello, se organizaron diferentes actividades, como as musicais da iniciativa O vermú do Camiño, ou se reforzou a atención turística, incorporando en marzo un profesional á Oficina de Turismo coa axuda económica da Deputación, entre outras iniciativas.

“Cada ano contamos con máis peregrinos que se animan a facer os 115 quilómetros que separan o noso Concello con Santiago de Compostela, posto que é un dos itinerarios máis populares e coñecidos do Camiño. Dende o Goberno Municipal somos conscientes de que o Camiño é o motor económico de Sarria, por iso desenvolvemos actuacións na súa posta en valor, contando sempre coa axuda dos compañeiros no Goberno Provincial da Deputación”.

Durante o percorrido, os socialistas pasaron pola Casa do Marqués que rehabilitou o Goberno Socialista Municipal para situar o Centro de Información da Muller (CIM) e a Casa da Ulloa que tamén se acondicionará para trasladar a este inmoble os servizos sociais do Concello. Todas estas actuacións contan coa colaboración económica do Executivo Provincial na Deputación.

Que che pareceu o artigo ?