fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, subliñou que “o PP leve na súa lista electoral da Fonsagrada a unha persoa que foi Concelleiro polo Partido Socialista non é unha operación sorprendente de un partido que leva toda a lexislatura abrazado ao transfuguismo na provincia”
– “O PP de Candia é o mesmo que o do candidato á alcaldía da Fonsagrada. Un exemplo da deslealdade, a incoherencia e os intereses ocultos que nunca farán públicos”, censurou Santos Ramos

Lugo, 24 de abril de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, subliñou este mércores que “o PP leve na súa lista electoral da Fonsagrada a unha persoa que foi Concelleiro polo Partido Socialista non é nada raro, non é unha operación sorprendente de un partido que leva toda a lexislatura abrazado ao transfuguismo na provincia de Lugo. Que o Partido Popular, inmerso na corrupción, promova este tipo de iniciativas non é nada novo, o fixo na Deputación, o fixo en Chantada e agora o fai na Fonsagrada”.

“O PP de Candia é o mesmo que o do candidato á alcaldía da Fonsagrada. Un PP promotor destas manobras que é un exemplo da deslealdade, a incoherencia e os intereses ocultos que nunca farán públicos, pero que non son sorprendentes. Que un partido como o PP, sentenciado por financiamento irregular, é dicir, por financiarse con diñeiro negro, faga operacións desta calaña, non é sorprendente, quizais sospeitoso, pero eles saberán que tipo de política queren facer”.

Santos Ramos desatacou que “na Fonsagrada o PSOE ten un gran Alcalde, cun bo proxecto para os seus veciños e veciñas, que vai a seguir desenvolvendo para ofrecerlles as mellores prestacións públicas. Aqueles que non teñan un compromiso co Concello e cun xeito de entender A Fonsagrada que vaian a onde queiran e que o PP os capte como queira”.

“Este é o modelo político que lle ofrece o PP de Candia e Regueiro aos veciños da Fonsagrada e da provincia de Lugo”, lamentou o Secretario Provincial.

Que che pareceu o artigo ?