fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O candidato do PSOE á alcaldía de Monterroso destacou que “somos conscientes de que temos moito traballo por diante para abandonar a senda do retroceso e a ineficacia destes últimos anos”
– Rafael García avanzou que nos vindeiros días o PSOE presentará ás persoas que integran a candidatura para as próximas eleccións municipais.

Monterroso, 15 de abril de 2019.- O candidato do PSOE para a alcaldía de Monterroso, Rafael García, destacou este luns que “somos un equipo sólido, cohesionado, que saímos con moita forza para gañar as eleccións, non como outras formacións políticas que só pensan en pactos postelectorais. O único pacto do PSOE é coa cidadanía de Monterroso, aos que lles prometemos eficacia, humildade, aforro e dedicación plena coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida”.

Rafael García destacou que “asumimos este reto coa máxima ilusión e responsabilidade, sendo conscientes de que temos moito traballo por diante para abandonar a senda do retroceso e a ineficacia destes últimos anos. Queremos facer, coa axuda dos veciños, un Monterroso mellor, onde todos poidamos sentirnos orgullosos deste pobo”.

“Temos unha boa oportunidade para ser o partido que lidere o cambio e a renovación de Monterroso. Imos a presentar un proxecto de presente e de futuro, defendendo sempre o diálogo, a transparencia e a participación, coa prioridade de atender as necesidades dos nosos veciños”.

Candidatura dos socialistas
Rafael García avanzou que nos vindeiros días o PSOE presentará ás persoas que integran a candidatura dos socialistas para as próximas eleccións municipais.

Que che pareceu o artigo ?