fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Sarria, 17 de abril de 2019.- A Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, destacou este mércores que “o Concello de Sarria necesita un Goberno Socialista no Estado, necesita QUE PASE, para que o proxecto de ampliación do polígono industrial de Morelle fágase realidade e así novas empresas poidan instalar os seus negocios no municipio. Os socialistas demostramos con feitos que estamos comprometido coas demandas dos nosos veciños. E o fixemos nada máis chegar ao Goberno de España desbloqueando un proxecto fundamental para o desenvolvemento de Sarria que o PP metera durante 7 anos nun caixón. Grazas aos socialistas Sarria contará con máis de 100.000 metros cadrados de solo industrial”.

López Yáñez destacou que “dende que son Alcaldesa, no mes de xuño de 2015, fixen polo menos 7 viaxes a Madrid para reunirme cos responsables do Sepes (Entidad Pública Empresarial de Suelo). Durante os 3 anos que estivo o PP gobernando en España só me deron largas e problemas. Co cambio no Executivo do Estado esta dinámica mudou e na primeira reunión que mantiven cos compañeiros do Sepes en Madrid confirmáronme que era unha prioridade impulsar o polígono e en menos de 1 mes xa estaba o proxecto de Morelle no rexistro do Concello. Os feitos falan por si sos”.

“Hoxe podemos dicir que Sarria contará co tan desexado solo industrial que permitirá que novas empresas se implanten no noso Concello, xerando novos postos de traballo e impulsando a economía de toda a Comarca. E iso é realidade debido ao traballo conxunto entre os gobernos local e estatal que dende o primeiro implicámonos en sacar adiante dita iniciativa. Por iso, necesitamos que entre todos, o vindeiro 28 de abril, enchamos as urnas de socialismo para que Sarria teña un futuro. Necesitamos QUE PASE”.

Que che pareceu o artigo ?