fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– A rexedora socialista explicou que “esta Educadora Social e Técnico en Actividades Deportivas, natural da parroquia de San Adriano, é unha persoa moi coñecida, seria e responsable, cunha gran capacidade de traballo”
– Rocío López avanzou que os socialistas presentarán a lista completa para as eleccións municipais o vindeiro domingo, 21 de abril

Lourenzá, 17 de abril de 2019.- A Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, informou este mércores que a candidatura dos socialistas para as próximas eleccións municipais incorpora unha cara nova, Sonia Gavino Reigosa. “Trátase dunha rapaza nova que aporta aire fresco e renovación ao partido e un exemplo da xuventude e do futuro da agrupación socialista”.

A rexedora socialista explicou que “esta Educadora Social e Técnico en Actividades Deportivas, natural da parroquia de San Adriano, é unha persoa moi coñecida na vila posto que colaborou en varias ocasións na organización das festas municipais. Próxima á xuventude, é unha muller seria e responsable, cunha gran capacidade de traballo e que estou convencida que nos vai aportar moita forza para volver a gañar a alcaldía de Lourenzá”.

Sonia Gavino destacou que afronta con moitas ganas e ilusión esta nova etapa, “co compromiso de traballar para os meus veciños, engadindo novas ideas ao proxecto social da Alcaldesa e desenvolver iniciativas que redunden na mellora da calidade de vida da cidadanía”.

Presentación da candidatura do PSOE o próximo domingo
Rocío López avanzou que os socialistas presentarán a lista completa para as eleccións municipais o vindeiro domingo, 21 de abril. “Será unha lista formada por distintas persoas de Lourenzá, que representará ao conxunto da sociedade do Concello, e todas elas cun denominador común: a seriedade, a honestidade e o compromiso cos veciños”. A Alcaldesa sinalou que na candidatura estarán presentes persoas que xa estiveron hai 4 anos e tamén caras novas, “co obxectivo de continuar o proxecto socialista para que Lourenzá teña presente e futuro”.

Que che pareceu o artigo ?