Veciños e persoal do centro de saúde e PAC de Viveiro reclaman un martes máis solucións á Xunta de Galicia
Viveiro, 2 de abril de 2019.- Veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse un martes máis diante do centro de saúde e PAC de Viveiro reclamando solucións á Xunta de Galicia. Fano dende hai meses en protesta pola situación na que o goberno galego mantén a atención primaria pública no municipio.
A Vicesecretaria de Relacións Institucionais e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acompaña de membros do Goberno Municipal, tamén participaron e denunciaron que o executivo galego non cubre baixas médicas xustificadas nos servizos de atención primaria, pediatría e urxencias.