fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

María Loureiro mantivo este luns unha reunión con representantes da Confraría de pescadores Santiago Apóstol e de Portos de Celeiro para trasladarlles os proxectos
que levará acabo para dar resposta ás demandas do sector

Viveiro, 13de maio de 2019.- A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo este luns unha reunión con representantes da Confraría de pescadores Santiago Apóstol e de Portos de Celeiro, na que tamén participaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, e a Deputada do PSOE no Parlamento Galego, Patricia Otero. Foi un encontro de traballo no que Loureiro trasladou os proxectos que levará acabo para dar resposta ás demandas do sector pesqueiro.

As medidas son as seguintes:
– Xestionar a implantación de novos cursos para preparación das persoas que queiran desenvolver as súas actividades no mundo da pesca, demandando unha escola que imparta ciclos formativos de Grao Básico (actividades marítimo-pesqueiras) e de Grao Medio (mantemento e control de máquinas en buques e navegación e pesca litoral), e tamén a posibilidade de impartir FP Dual marítimo-pesqueira, formación básica (mariñeiro-pescador), formación avanzada (sanitarios, seguridade marítima,etc.), evitando así longos desprazamentos para acadar eses estudios noutras localidades.
– Traballar co ISM para que as consultas dos recoñecementos médicos obrigatorios das xentes do mar non teñan tanta demora na súa realización.
– Pomocionar os produtos pesqueiros, turismo pesqueiro e apoiar a divulgación das iniciativas do sector, festas gastronómicas así como todo o relacionado cos problemas dos traballadores do mar.
– Celebración das Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro.
– Afianzamento do programa Vivemar de difusión da cultura mariñeira.

Durante estes 4 anos a Alcaldesa de Viveiro mantivo unha estreita colaboración e relación co sector pesqueiro para coñecer de primeira man as necesidades dos traballadores. “Deste xeito e sendo consciente das demandas, comprométome a que o Goberno Municipal seguirá colaborando e apoiando á pesca, en concreto o porto de Celeiro, referente do norte de España, que xera moitos postos de traballo na Mariña”, destacou a Alcaldesa.

Santos Ramos subliñou que “dende o Goberno da Deputación impulsaremos o programa Mariñeiros por un día para que máis escolares da provincia coñezan as potencialidades que ofrece o mar”.

Que che pareceu o artigo ?