fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Taboada, 18 de maio de 2019.- O PSOE de Taboada construirá e porá en marcha un centro de día para os maiores do Concello. Así o informou o candidato socialista á alcaldía, Roi Rigueira, no mitin celebrado este sábado no Concello, no que tamén participaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Deputada Provincial de Lugo, Pilar García Porto, e a Deputada Provincial de Pontevedra, Isaura Abelarias.

 

Rigueira subliñou a necesidade desta dotación para “o impulso do benestar social dos veciños e da economía, pois ademais de ofrecer atención profesional diaria, co centro de día xeraremos empregos directos no noso municipio. Este será un dos nosos proxectos clave para facer fronte ao despoboamento demográfico, acadando un rural vivo e dinámico, no que se poida vivir, traballar e ter futuro”. No eido dos servizos sociais, o candidato do PSOE destacou que reforzarán o SAF ampliando o número de horas para atender a demanda actual.

 

“Poremos en marcha o polígono industrial desbloqueando a actual situación e aproveitando o terreo existente para favorecer o asentamento de novas empresas ou a ampliación das existentes. Taboada ten que ser un Concello que favoreza a instalación de diferentes iniciativas empresarias para dinamizar a economía”.

 

Mellora dos servizos básicos

O candidato do PSOE sinalou a importancia de mellorar os servizos básicos do Concello como as traídas de auga e os alcantarillados de tódalas aldeas, os accesos a tódolos núcleos de poboación e ás explotacións, acondicionar od espazos públicos, así como facilitar a recollida selectiva de lixo. Rigueira explicou que municipalizarán o subministro de auga con especial atención ao bo funcionamento da depuradora.

 

Transparencia e participación veciñal

Roi Rigueira destacou que “queremos que o Concello de Taboada estea ao servizo de toda a veciñanza, con transparencia e participación cidadá na elaboración dos orzamentos e proxectos municipais. Imos acabar coa desidia e a falta de interese do Alcalde do PP, que durante estes 10 anos non fixo nada porque Taboada avanzase. Seguimos igual. Estancámonos. Por iso é necesario un cambio de modelo e de políticas o próximo 26 de maio, porque o futuro de Taboada comeza ese día”.

 

2 millóns de euros da Deputación

Santos Ramos e García Porto puxeron en valor os 2 millóns de euros achegados polo PSOE dende o Executivo Provincial. Os socialistas detallaron varias das actuacións como a mellorar de camiños, estradas e alumeados, dotar de herba artificial ao campo de fútbol de terra e renovar o campo de herba natural ou equipar de novo mobiliario o Concello.

 

Que che pareceu o artigo ?