fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Fonsagrada, 23 de maio de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, denunciou este xoves que “é inaceptable a indignidade e a monstruosidade política de Balseiro. É intolerable o desprezo constante do PP, cheo de mentiras, cos veciños da Fonsagrada”. Díxoo tras asegurar o representante da Xunta de Galicia que a Deputación impide que os técnicos realicen a inspección para outorgar o PIA da residencia da Fonsagrada.

“Tiveron dende o ano 2015, que solicitamos dende o Goberno da Deputación o PIA para abrir a residencia da Fonsagrada, para facer a inspección. E acórdanse agora, unhas semanas antes das Eleccións municipais e coincidindo que o funcionario da Deputación que debe supervisar esa visita está de baixa por unha enfermidade, debido a unha cirurxía”.

“Balseiro e o PP pretenden ocultar aos veciños da Fonsagrada que tiveron 4 anos para resolver o permiso de apertura da residencia, pero e que ademais, politiza a enfermidade dun traballador público. É algo absolutamente inaceptable e polo que debería de pedir perdón”, subliñou Santos Ramos.

Que che pareceu o artigo ?