“Feijóo minte sempre. Tamén agora alonxándose de Vox porque o PP non deixa de ser en Galicia o berce da ultradereita”
Lugo, 2 de maio de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, subliñou este venres que “Feijóo sigue mentindo aos galegos e aos lucenses. Agora di que el nunca estivo a favor dun pacto coa ultradereita e vincula a Vox coa Falange. É o mesmo Feijóo que dixo que o pacto en Andalucía era sensato, que estaba tranquilo con el e se felicitaba por ese pacto andaluz das 3 dereitas. Recordo que Feijóo aplaudiu e apoiu dito acordo asegurando que así o PP mantiña os seus principios. O mesmo acontece con Olano, cabeza de lista en Lugo polo PP ao Congreso dos Deputados, que destacaba que non lle debería extrañar á xente o pacto do PP con Vox. E tamén Carballo, candidato do PP á alcaldía de Lugo, dixo que non había ningún problema en pactar con Vox nas municipais, do que aínda non se desdixo, polo tanto Feijóo e todo o PP están de acordo con Vox”.
Santos Ramos apuntou que “ante o cambio de opinión de Feijóo so caben dúas posibilidades: ou mentía antes dicindo que o pacto con Vox era bo ou minte agora afirmando que non pactaría con eles visto que non teñen nada que pactar despois de perder as eleccións”.
“Feijóo minte sempre. Tamén agora, porque o PP non deixa de ser en Galicia o berce da ultradereita aínda que maquillada e disimulada”.