fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Lugo, 5 de maio de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou hoxe que “o Partido Popular está estancado na súa orixe: o franquismo. Así llo amosaron a todos os veciños da provincia, presentando aos seus candidatos ás eleccións municipais a carón do busto de Fraga, que politicamente xurdiu da ditadura. Non o esquezamos”

“O PP de Candia ou Carballo segue apelando ao pasado. Os populares non ocultan, senón que evidencian e presumen de que a súa única intención é volver a este tempo escuro e retrógrado, no que as institucións públicas eran bastións clientelares e caciquís, no que se catalogaban aos veciños por clases. Iso é o que quere facer o PP na nosa provincia, nos 67 Concellos. Así o reflicte unha soa imaxe, a deles mesmos, coa sombra de Fraga e do franquismo, ríxidos e situados a distintos niveis. Unha fotografía que non é casual, que a prepararon”.

“Os lucenses non queren volver aos tempos escuros do Partido Popular, que non tendo ao seu fundador, se abraza a VOX”.

Que che pareceu o artigo ?