“O Goberno do PSOE na Deputación achegou á Montaña 30 millóns en investimentos para paliar a discriminación do PP cos 17.000 veciños que viven nela”
– Argelio Fernández subliñou que “o fixemos para que os veciños podamos seguir vivindo no rural, con infraestruturas e servizos básicos porque o PP no Goberno Central e no Galego non trouxo nin un só investimento en 10 anos”
– “Coas políticas do Partido Popular temos unha carencia de médicos de atención primaria, liñas de transporte, vías de comunicación e centros residencias cando o 40% da nosa poboación supera os 65 anos”
– Con dito orzamento rehabilitáronse estradas provinciais, melloráronse accesos e camiños, instaláronse novos alumeados, construíronse residencias e centros de día… “E o facemos porque cremos no rural e cremos na montaña”
Lugo, 13 de maio de 2019.- O Secretario de Política Municipal e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, subliñou este luns que “durante os últimos 4 anos os socialistas no Goberno da Deputación levamos 30 millóns de euros en investimentos para os 17.000 veciños que viven na Montaña. Fixemos este esforzo importantísimo para paliar a eterna discriminación que sufriu e sufre a comarca por parte do PP na Xunta de Galicia, e deste xeito non quede esquecida nin marxinada. Os socialistas estamos orgullosos de que o PSOE, unha vez máis, se puxera á fronte desta iniciativa para que os 11 Concellos da Montaña teñan un futuro digno e de calidade”. Fixo estas declaracións, acompañado de Alcaldes e voceiros, nun encontro con veciños en Baleira.
“É de xustiza recoñecer este gran esforzo para que os veciños podamos seguir vivindo no rural, con infraestruturas e servizos básicos porque o Partido Popular no Goberno Central e no Galego non trouxo nin un só investimento durante 10 anos. En cambio, os socialistas temos a sensibilidade e molestámonos para que os veciños de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín teñan as prestacións que merecen”.
“Coas políticas do PP, hoxe en día, temos unha carencia enorme de médicos de atención primaria, liñas de transporte, vías de comunicación e centros residencias cando o 40% da nosa poboación supera os 65 anos. Por estes motivos, dende o PSOE no Executivo da Deputación achegamos 30 millóns de euros para suplir esa falta de investimentos. Con dito orzamento rehabilitáronse estradas provinciais, melloráronse accesos e camiños, instaláronse novos alumeados, construíronse residencias e centros de día…E o seguiremos facendo porque cremos no rural e cremos na montaña”.