fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

A Pobra do Brollón, 3 de maio de 2019.- O PSOE da Pobra do Brollón presentou este venres a lista coa que concorrerá as próximas Eleccións Municipais e que liderará o actual voceiro municipal, Javier González González. Fíxoo nun acto no que participou o Vicesecretario Xeral de Goberno Local do PSOE e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, o Secretario Xeral Local, Alfonso Alfaya, e o Secretario de Organización da agrupación, Javier Quiroga, acompañados de veciños e militantes do Sur da provincia.

Javier González agradeceu aos seus compañeiros a valentía de formar parte da lista dos socialistas e destacou que “somos un grupo de xente comprometida e traballadora que queremos ser a alternativa real do desgoberno do Alcalde do BNG. Queremos que A Pobra do Brollón e os seus veciños teñan futuro, teñan servizos e teñan os mesmos dereitos que os cidadáns doutros municipios. Desenvolveremos un proxecto sumamente social e próximo ás persoas, escoitando as súas preocupacións e deseñando políticas que incentiven que as familias queiran facer o seu proxecto de vida no noso Concello”.

“É fundamental xerar emprego para parar a perda de poboación, unha auténtica sangría demográfica na Pobra do Brollón. Nestes 4 anos de goberno do BNG, o Concello non creou nin un só posto de traballo. Unha das nosas iniciativas estrela do programa é a creación do COMUPO (Cooperativa Municipal da Pobra do Brollón) para aproveitar as oportunidades económicas que nos ofrece contar con máis de 10.000 hectáreas de masa forestal no noso territorio, o que máis de toda a Comarca de Lemos. Para iso, agruparemos os 22 montes veciñais e mancomún co obxectivo de crear un chan para que os veciños sexan os que traballen os seus montes. Con este plan minimizaremos o risco de incendios, os usuarios sacarán rendemento económico e xeraremos uns 30 novos postos de traballo no Concello”.

Falta de transparencia na xestión do Alcalde
“Dende o PSOE da Pobra do Brollón temos as forzas renovadas para facer fronte ao inmobilismo do goberno do BNG, que durante esta lexislatura non presentou ningún proxecto que mellorara a calidade de vida dos nosos cidadáns. Foron 4 anos perdidos e non estamos dispostos a perder outros 4 máis. Queremos unha institución que estea ao servizo da xente e non dos intereses persoais, transparente e non sumida no escurantismo. Un organismo como a Deputación de Lugo, onde os nosos compañeiros no Goberno Provincial destinaron 2,3 millóns de euros para mellorar as infraestruturas, as prestacións públicas, xerar empregos e atender aos nosos maiores. Entre elas quero destacar a residencia e centro de día, unha dotación imprescindible, que ofrecerá atención profesional a 30 veciños. En definitiva, queremos ser o partido que lidere o cambio que demandan os veciños da Pobra do Brollón”.

Unha lista que representa as distintas sensibilidades da Pobra
O Candidato do PSOE subliñou que a candidatura representa as distintas sensibilidades do Concello. As persoas que integran a lista dos socialistas son Javier González González, Javier Quiroga Castro, Tamara Rodríguez Pérez, Antonio Fernández Camino, Alfonso Alfaya Domínguez, Avelino López Parada, Javier Maceda Rodríguez, Adolfo Rubio Pascual e Gorka Arreche Caballero.

Que che pareceu o artigo ?