O PSOE das Nogais presenta unha candidatura renovada co compromiso de crear unha residencia para maiores, baixar o IBI e ofrecer unha bolsa de emprego municipal
As Nogais, 8 de maio de 2019.- O candidato do PSOE nas Nogais, Alfredo Guiu, informou este mércores das persoas que o acompañan na lista dos socialistas para as vindeiras eleccións municipais. “Presentamos un equipo renovado, de todas as idades, que representa ás diferentes parroquias do Concello. Un grupo de veciños que coñecen de primeira man as necesidades de As Nogais, porque nacemos e vivimos aquí, e que quere ser a alternativa real que poña fin ao desgoberno deste 8 anos por parte do Alcalde do PP. Porque As Nogais ten futuro”.
Alfredo Guiu subliñou que “propoñemos un programa aberto e participativo aos veciños no que destacan 3 proxectos claves. A creación dunha residencia da terceira idade e centro de día público para os maiores do noso Concello, para que reciban a atención profesional que merecen preto das súas casas e familias. Rebaixar o IBI ao 0,4%, que suporá un aforro dun 20% no recibo da contribución e ofrecer bonificacións ás explotacións gandeiras. E poremos en funcionamento unha bolsa de emprego municipal, sobre todo enfocada nas persoas novas, para que os desempregados poidan apuntarse nela, co obxectivo de fixar poboación no rural”.
A candidatura do PSOE nas Nogais está integrada por Alfredo Guiu Valle, Ismael Carcedo Gómez, Elvira Río Rivera, Magín Martínez Simón, Manuel López Díaz, Álvaro Santín Souto, Manuel Marcos Sanjurjo, Ramón Fernández Fernández, Manuel Marcos Carballo, Consuelo Gómez Campo, Manuel Fernández Souto e Jaime Martínez País.