fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Baralla, 18 de maio de 2019.- O PSOE de Baralla presentou este sábado a renovada lista coa que concorre ás Eleccións Municipais, encabezada polo actual Secretario de Medio Rural da Executiva Galega do PSOE, Jaime González. O candidato estivo arroupado polo Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a Deputada do PSOE no Congreso, Ana Prieto, e o Secretario de Desenvolvemento Económico e Sostible, Daniel Castro, así como de veciños do Concello.

 

Jaime González amosou o seu convencemento de que “o vindeiro 26 de maio acabaremos con máis de 30 anos de malas políticas e amiguismos do PP para os veciños de Baralla. E o faremos porque os cidadáns son conscientes de que o noso Concello necesita un cambio, novos proxectos e novas caras. E iso é o que representamos os socialistas”. Neste eido, o candidato do PSOE destacou varias das iniciativas que queren poñer en marcha como a dotación dun centro de día para atender aos maiores, a construción dun aparcadoiro para camións, impulsar o polígono industrial, construír un edificio público para as asociacións municipais e establecer novas rutas de sendeirismo, asi como promocionar a Vía Küning como motor xerador de novas oportunidades económicas.

 

Discriminación da Xunta de Galicia do PP

O candidato socialista denunciou “a continua discriminación do Partido Popular no goberno galego cos veciños de Baralla”. González xustificou dita exclusión en que o PP non achega novos investimentos, o centro de saúde non ten médico de garda nin pediatra, non hai cobertura en moitas parroquias do Concello, non hai ningún técnico agrario para atender as demandas do sector primario ou que non existe unha saída á A6 por Neira de Rei en condicións.

 

1,5 millóns achegados polo PSOE dende o Goberno da Deputación

Jaime González puxo en valor os máis de 1,5 millóns de euros destinados polos socialistas dende o Executivo Provincial durante estes 4 anos. “Foron para melloras nos accesos e nas instalacións da área fluvial, renovar o campo da feira de Sobrado e poñer en valor a contorna, pavimentar o mercado do gando, rehabilitar a LU-P-0508 ou dotar de xogos biosaudables no municipio”.

 

11 veciños preparados para gobernar

“Presentamos unha lista renovada, que combina xente nova con experiencia e que representa ao conxunto da sociedade e dos diferentes sectores. As persoas que acompañan a Jaime González na candidatura dos socialistas son Patricia López Fernández, Francisco Amado Herbella, Diego Arias Méndez, Jessica Rivero Fernández, Antonio Fernández López, Angel López Grandas, Paula Galván Carballo, Javier Fernández Fernández, Manuel Martínez Pombo, José Sánchez Losada, Ana María del Rio Riesgo e Manuel Sánchez Losada.

Que che pareceu o artigo ?