fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Paradela, 13 de maio de 2019.- Uns 300 veciños asistiron á presentación da lista do PSOE de Paradela para as próximas eleccións municipais, que encabezará Roberto Díaz Luaces. O candidato estivo arroupado polo Secretario Provincial, Álvaro Santos, o Secretario de Política Federal do PSOE, Patxi López, o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o Secretario Local, Iván Castro, e a Deputada do PSOE no Congreso, Sonsoles López Izquierdo.

Roberto Luaces agradeceu a confianza dos militantes para liderar o proxecto dos socialistas e subliñou que “formamos o mellor equipo posible para representar e defender os intereses dos veciños de Paradela e acabar con 40 anos de políticas do PP”. O candidato destacou que “queremos desprivatizar a residencia de maiores e que sexa xestionada polo Concello para que sexa máis económica, dando prioridade aos paradelenses. Ademais, queremos ampliar as horas de traballo do médico da residencia para atender as urxencias que puidese haber polas tardes no Concello”.

Iván Castro informou que “os socialistas comprometémonos a poñer en marcha o polígono industrial do Gandarón, buscando mecanismos para ceder o terro gratuitamente ou por un preso simbólico ás empresas que queiran establecerse en Paradela. Con isto, xeraremos novos empregos e dinamizaremos a economía da vila”. O Secretario Local sinalou que recuperar o rural e mellorar a calidade das persoas que viven nel será unha das prioridades do PSOE. Para iso, levarán acabo un plan integral de acondicionamento de pistas en todas as aldeas con aglomerado en quente e aplicarán bonificacións do 95% do IBI rural para potenciar a agricultura e a gandaría”.

O PSOE levou a Paradela máis de 1,5 millóns
Santos Ramos puxo en valor os máis de 1,5 millóns de euros que o PSOE dende o Goberno da Deputación achegou a Paradela para mellorar as prestacións públicas municipais. O socialista detallou as actuacións financiadas polo Executivo Provincial como a mellora do campo de fútbol do Garañón, tanto o terro de xogo como o campo de entrenamento, a construción dun parque infantil no colexio ou a pavimentación do núcleo de Guián, entre outras.

“É a hora do PSOE en Paradela”
Patxi López e Gonzalo Caballero destacaron a necesidade de que o PSOE chegue ao Goberno Municipal por rexeneración e hixiene democrática. “É a hora do cambio, é a hora de demostrar que existen outras formas de facer políticas, centradas nas persoas e na recuperación dos servizos públicos. É a hora do PSOE en Paradela”.

Candidatura do PSOE
A lista do PSOE en Paradela está integrada por Roberto Díaz Luaces, Iván Castro Díaz, Sara Arias López, Kevin José Gayoso Vázquez, Javier López Rojo, Luisa Arias Arias, Verónica Rodríguez Rodríguez, Ramiro Taboada Rodríguez, Manuel López López, Alfredo Casto Pérez López, Miguel Ángel Arias Armesto, Carlos López López, Pedro Argüello Vázquez, Lorena López Fernández, Jose Alberto López Díaz, Diego López Caldas, Félix Carreira López, Aitor López Zolle e Lorena Díaz Carrasco.

Que che pareceu o artigo ?