fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

O Corgo, 20 de maio de 2019.- O PSOE do Corgo presentou a lista coa que concorre ás Eleccións Municipais, encabezada por Francisco Otero. No acto participaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ea Deputada do PSOE pola Provincia de Lugo no Congreso, Ana Prieto.

 

Francisco Otero destacou que “O Corgo, coas características envexables que ten, debería ser un lugar onde xente doutros sitios optaran por vir e asentarse, pero para que iso suceda, temos que darlle un cambio radical ás políticas do PP que se levaron a cabo ata o de agora, para facer do Corgo un lugar onde as familias queiran desenvolver o seu proxecto de vida. A perda de poboación é algo que levamos sufrindo con intensidade durante moitos anos. Por iso, dende o PSOE comprometémonos a traballar sen descanso para poder dotar ao Concello de vivendas sociais e alugueres accesibles, así como facilidades e axudas para todos aqueles proxectos para estimular a construción de novas vivendas. Tamén apoiaremos aos novos emprendedores traballando a reo por todos aquelas iniciativas que fomenten emprego. Solicitaremos á Xunta de Galicia que abarate o chan industrial do Corgo e descontaremos un 10% do prezo do chan cun máximo de 30.000 euros por empresa. Deste xeito, conseguiremos que novas empresas se instalen no Concello, xerando novos empregos e dinamizando a economía”.

 

Programa urxente de rexeneración das parroquias

O candidato socialista subliñou que “o desenvolvemento das infraestruturas nas parroquias é vital para garantir a habitabilidade no Concello pero para o Alcalde do PP parece que hai veciños de primeira e veciños de segunda. Isto se vai acabar. Elaboraremos un Programa urxente de rexeneración das parroquias que desenvolveremos en permanente contacto cos veciños co obxectivo de coñecer cales son as prioridades de cada barrio. Comprometémonos a desenvolver a rede de saneamento e traídas de auga para garantir sen discriminación o acceso á mesma, analizándoa periodicamente para garantir a calidade óptima para o seu uso. E poremos en marcha un plan de xestión íntegra das nosas estradas, saneamento de cunetas e rexeneración do firme. Ademais, crearemos unha brigada de mantemento, durante todo o ano, para poder prestar un servizo aos veciños coa máxima celeridade posible”.

 

Ampliación dos servizos sociais

“O noso compromiso é o de poñernos a traballar dende o minuto un para levar adiante un programa de atención aos maiores, reforzando as horas de asistencia no propio domicilio e contratando mais persoal co fin de reducir o tempo de espera. Tamén presentaremos un plan de axuste onde ampliaremos a atención do centro de día a unha atención completa día e noite para poder adaptala ás necesidades reais de cada usuario e achegarnos mais a unha prestación as 24 horas do día. E que fixo o PP dende a Xunta? nada”.

 

1,8 millóns achegados polo PSOE dende o Goberno da Deputación

Santos Ramos salientou os investimentos que os socialistas dende o Executivo Provincial levaron ao Corgo durante estes 4 anos. O Secretario Provincial detallou varias das actuacións financiadas polo organismo provincial como a construción da piscina na Praia fluvial do Chamoso, a renovación do alumeado e do terreo de xogo do campo de fútbol municipal, a Variante LU-P-1602 de San Cristoval por Aday á LU-106 ou melloras nos saneamentos e accesos do rural.

 

Unha lista para gobernar para todos

As persoas que integran a candidatura do PSOE no Corgo son Francisco Otero, Marta López, Nuria Mera, Robert Besteiro, Jacobo Marbán, María Luisa Brea, María Elena Roldán, Francisco Javier López, Mónica Díaz, Elías López, Otilia Herbón, José Pérez, María José Vázquez e José Miguel Vázquez.

Que che pareceu o artigo ?