fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

– O Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno a adxudicación dos traballos de renovación do pavimento que financia a Deputación con 555.000 euros

– As estradas son a LU-P-2901 que comunica O Burgo con Palas de Rei; a LU-P-2902 que uneá cidade de Lugo con Ponte de Ombreiro; a LU-P-2903 que une Carballido-Santalla de Bóveda-Poutomillos; a LU-P-2910 que conecta Tolda Castela con Canteiras de Buratai; e a LU-P-2913 que une Coeses con Termala

 

Lugo, 21 de maio de 2019.- O PSOE no Goberno da Deputación responde á demanda dos lucenses coa mellora de 10 quilómetros en 5 estradas do Concello de Lugo. As vías son a LU-P-2901 que comunica O Burgo con Palas de Rei; a LU-P-2902 que uneá cidade de Lugo con Ponte de Ombreiro; a LU-P-2903 que une Carballido-Santalla de Bóveda-Poutomillos; a LU-P-2910 que conecta Tolda Castela con Canteiras de Buratai; e a LU-P-2913 que une Coeses con Termala.

 

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández, informaron este martes que a Deputación financia con 555.000 euros a renovación do pavimento das vías, tras aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación dos traballos.

 

Os socialistas destacaron que “con estas actuacións beneficiaranse directamente un milleiro de lucenses”. As obras consistirán na mellora do firme con aglomerado quente, incremento da seguridade co repintado e a instalación de sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución é de 6 meses.

 

Melloras en 5 estradas do Concello de Lugo

– As obras da LU-P-2901 beneficiarán a centos de persoas que empregan esta estrada a diario. Esta vía provincial ademais de conectar Friol e Palas de Rei polo Burgo, dá acceso ás parroquias de Xanaz, Castrelo, A Retorta, Poutomillos, Bacurin, San Pedro de Mera e Vilachá de Mera.

 

– A LU-P-2902 conecta Lugo co Concello de Outeiro e é un atractivo natural que leva á zona das insuas do Miño e á Ponte Colgante de Parada. Ademais de contar cun paseo todo á beira do río, son moitos os veciños que usan a diario esta estrada. Dá acceso ás parroquias de Ombreiro, Bocamaus e Meilán, beneficiando directamente a uns 400 veciños aínda que dá servizo aos habitantes do Concello de Lugo.

 

– A LU-P-2903 une Carballido con Poutomillos pasando por Santalla de Bóveda. Esta mellora facilita o acceso a unha das xoias máis descoñecidas da provincia de Lugo: ao santuario de Santalla de Bóveda.

 

– A LU-P-2910 conecta Tolda Castela con Canteiras de Buratai. É unha estrada moi transitada pois dá acceso as principais estradas da cidade de Lugo, a N-VI, un dos eixos de entrada a Lugo.

 

– A LU-P-2913 é a estrada que vai de Coeses a Termala. No ano 2018 o organismo provincial xa levou a cabo obras de mellora nesta vía, dende o punto quilométrico 0 ao 1,1. Dende o Goberno da Deputación continuan coas actuacións en 3,2 quilómetros desta estrada que beneficiarán aos máis de 600 veciños da zona e ademais, mellorarán as comunicacións e o día a día dos veciños de Coeses e Soñar.

 

As melloras realizaranse dende o punto quilométrico 0 ao 3,3 da LU-P-2901; do punto quilométrico 7,5 ao 8,17 da LU-P-2902; do punto quilométrico 0 ao 2,3 da LU-P-2903; do punto quilométrico 1,62 ao 2,1 da LU-P-2910;  e do punto quilométrico 1,1 ao 4,3 da LU-P-2913.

Que che pareceu o artigo ?