fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Cervo, 5 de maio de 2019.- O PSOE de Cervo presentou este domingo a súa candidatura para as Eleccións Municipais que encabezará o actual Secretario Local, Francisco Mon. No acto participou o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada electa do PSOE no Congreso, Sonsoles López Izquierdo, acompañados de veciños do Concello.

Francisco Mon destacou que “se trata dunha lista plural, con 13 persoas cervenses e que coñecen a realidade da vila e as prioridades que temos que solventar de inmediato. Temos un programa para chegar o cambio que o municipio necesita e afrontamos esta cita ilusionados, unidos e convencidos de que poderemos dar o salto ao Cervo do progreso e o desenvolvemento. É o momento. Para iso temos que acabar coas políticas pasivas do PP, coa apatía e o goberno improvisado do Alcalde. Queremos salvagardar o estado de benestar para todos os veciños e recuperar o noso Concello para que volva ser próspero e referente na Mariña”.

Santos Ramos subliñou que “os socialistas podemos ir por todos os Concellos da provincia, como en Cervo, e sentirnos orgullosos porque dende a Deputación somos os que máis investimentos achegamos. Cando votan ao PSOE, teñen máis pensións, teñen mellores infraestruturas e servizos porque hai vontade política. Porque nós cremos no estado do benestar e a dereita cree no estatus do benestar, que sexan os que máis teñen os que poidan gozar deses dereitos”.

Candidatura do PSOE en Cervo
Os socialistas de Cervo presentan unha lista integrada por 13 persoas: Francisco Mon Fernández, María Luján Ramos Ben, José Benito Díaz Docando, Manuel Rodríguez Rodríguez, Lorena Pardo Quelle, Amado Ballesteros González, Roslía Cao Pardo, Antonio González Villares, Joaquina Bañó Vázquez, Almudena Cayón Rivas, Ángel García Prieto, Manuel Facal Dopazo e Marina Gómez Cobas.

Que che pareceu o artigo ?