O PSOE presenta unha candidatura renovada “para darlle un novo impulso a Taboada e acabar con 10 anos de políticas regresivas”
Taboada, 7 de maio de 2019.- O candidato do PSOE á alcaldía de Taboada, Roi Rigueira, avanzou este martes as persoas que integran a lista dos socialistas para as próximas eleccións municipais. “Acompáñanme veciños involucrados co noso Concello, que son de aquí e viven aquí porque creen no futuro de Taboada. Presentamos unha candidatura totalmente renovada e interxeracional, que representa ao conxunto da sociedade, coa ilusión de darlle ao Concello o impulso que necesita para saír da desidia e inacción do PP e o seu Alcalde. Somos un equipo que imos dar o mellor de todos nós para acabar con 10 anos de políticas regresivas para os taboadenses. E para iso escoitaremos e recolleremos as propostas que nos trasladen os veciños, deseñando un proxecto sólido e próximo ás persoas e ás súas necesidades”.
Roi Rigueira destacou que a lista conta con gandeiros, profesionais sanitarios, carteiros, administrativos ou traballadores do Estado, entre outros, e subliñou que “a candidatura ten moita presenza social, pois moitos deles forman parte de entidades e asociacións, coñecendo de primeira man as demandas e prioridades do municipio”.
As persoas que forman parte da candidatura do PSOE ao Concello de Taboada son Roi Rigieira Agromartín, Abel Fernández Rigueira, Mónica Dafonte Portomeñe, Roberto García Vázquez, María José Poyán Lamela, Fernando Rodríguez Moure, Pamela López Fernández, Paula Gómez Gómez, Juan Carlos Moure Viana, José López Rodríguez, Roberto Jaime Noguerol Rodríguez, Víctor José Fernández Frías, Sara Rey Garea e José Antonio Gayoso Fernández.