fbpx

Blog do PSdeG-PSOE Provincial de Lugo

Viveiro, 2 de maio de 2019.- O PSOE Provincial lamenta que a Xunta de Galicia só se lembre de Viveiro cando está preto un proceso electoral, neste caso as municipais. Os socialistas denuncian que o Delegado do goberno galego en Lugo anunciou por segunda vez que se van a licitar as obras para mellorar a LU-161, desta vez, acompañado do candidato do PP á alcaldía de Viveiro, utilizando á institución de todos os galegos para uso político e partidista. E máis, nin avisaron á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, para comunicarlle a noticia nin que se ía celebrar un acto no Concello.

O PSOE leva reclamando durante unha década a mellora desta estrada autonómica que se atopa en moi mal estado e que soporta moito tráfico ao ser unha das principais vías de comunicación entre Viveiro e O Valadouro. Incluso nos últimos orzamentos da Xunta de Galicia para este ano os socialistas presentaron unha emenda que recollía unha partida de 800.000 euros pero que o PP rexeitou. Agora, a 3 semanas dunhas Eleccións Municipais, o executivo galego anuncia, por segunda vez, que se inicia o proceso de licitación dos traballos, que serán insuficientes pois é necesario o acondicionamento integral da estrada.

O PSOE Provincial alégrase de que por fin se atenda unha demanda de tantos anos dos veciños de Viveiro, pero advirte que estas non son as formas máis axeitadas de informar á cidadanía, posto que se está empregando un organismo público tan importante como a Xunta de Galicia para sacar rédito electoral.

Que che pareceu o artigo ?