Os veciños da Fonsagrada saben que o PSOE é o único partido que traballa por atender as súas necesidades”
– O rexedor socialista anunciou que nas vindeiras semanas manterá unha reunión de traballo co Secretario de Estado de Medio Ambiente e co Director Xeral de Auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica para desbloquear o proxecto de dotación dun depósito de auga de 30.000 metros cúbicos á Fonsagrada
– “Trátase dun proxecto que tiña redactado a Confederación Hidrográfica do Cantábrico cando gobernabamos os socialistas no Estado e que estaba previsto licitar, pero que coa chegada do PP metérono nun caixón. Agora, os compañeiros en Madrid están dispostos a retomar dito proxecto e atender unha demanda histórica da Fonsagrada
– O Alcalde subliñou que “dende que gobernamos na Fonsagrada, construímos a Casa do Concello, a residencia, o campo de fútbol, o campo da feira, unha nova depuradora, remodelamos o polideportivo, melloramos as estradas, dotamos de internet e TDT ao rural e achegamos 1 millón para que os nosos maiores teñan a atención que merecen”
– “E o fixemos coa axuda inestimable da Deputación porque a Xunta do PP non investiu nin un só euro na Fonsagrada. É a triste realidade. Se non fora polos socialistas dende os Gobernos Municipal e Provincial o noso Concello seguiría na idade de pedra”
– Os socialistas puxeron en valor os case 3 millóns achegados dende o Goberno da Deputación para financiar as melloras en accesos, camiños e vías municipais e provinciais, saneamentos, e dotar de máis maquinaria e mellores instalacións públicas
A Fonsagrada, 23 de maio de 2019.- O Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernádez Queipo, destacou que “os veciños da Fonsagrada xa saben que o PSOE é o único partido que está comprometido e traballa de verdade por atender as súas necesidades”. Díxoo no mitin celebrado este xoves no Concello no que participaron o Secretario Xeral Provincial do PSOE, Álvaro Santos, a Deputada do PSOE no Congreso, Sonsoles López Izquierdo, e o Deputado socialista no Parlamento Galego, Luis Álvarez.
O rexedor socialista anunciou que nas vindeiras semanas manterá unha reunión de traballo co Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e co Director Xeral de Auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Manuel Menéndez, para desbloquear o proxecto de dotación dun depósito de auga de 30.000 metros cúbicos á Fonsagrada. “Trátase dun proxecto que tiña redactado a Confederación Hidrográfica do Cantábrico cando gobernabamos os socialistas no Estado e que estaba previsto licitar, pero que coa chegada do PP ao goberno de España non se soubo máis del. Agora, os compañeiros en Madrid están dispostos a retomar dito proxecto e atender unha demanda histórica dos veciños da Fonsagrada.
Fernánde Queipo destacou que “ozamos do privilexio de abastecernos dunha auga que é potable sen necesidade case de tratala, a que mana dos mananciais do monte do Muradal, pero temos o problema da falta de pendente suficiente para que chegue auga en abundancia pola diferenza de metros entre O Muradal, que está a 1.055 metros, e A Fonsagrada, a 960. Con esta nova infraestrutura o Concello aforraría custes, pois cos excedentes de auga que xera A Fonsagrada só habería que bombear un mes para dar servizo a todo o municipio”
Os socialistas cumpren cos veciños
O Alcalde socialista subliñou que “dende que gobernamos na Fonsagrada, construímos a Casa do Concello, a residencia, o campo de fútbol, o campo da feira, unha nova depuradora, remodelamos o polideportivo, melloramos as estradas provinciais e locais, dotamos de internet e TDT a todas as parroquias do rural e conseguimos que os nosos maiores teñan a atención que merecen investindo máis de 1 millón de euros. Porque para nós o importante son as persoas, e para facilitarlles uns servizos sociais adecuados, investimos neste fin un terzo do presuposto do noso Concello. E o fixemos coa axuda inestimable da Deputación porque a Xunta de Galicia dende que está o PP no Goberno non investiu nin un só euro na Fonsagrada. É a triste realidade. Se non fora polos socialistas dende os Gobernos Municipal e Provincial o noso Concello seguiría na idade de pedra. Porque iso é o que quere o Partido Popular. Iso é o que leva facendo durante máis dunha década coa Fonsagrada e co resto de municipios da Montaña, maltratarnos, castigarnos e marxinarnos. Pero dende o PSOE non o imos permitir porque defendemos que calquera veciño, independentemente de onde viva, ten os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. Porque estamos orgullosos de ser da Fonsagrada e porque os seus veciños o merecen”.
Máis melloras e dotacións públicas
“Para seguir mellorando a vida dos nosos veciños, propoñemos para a vindeira lexislatura desenvolver o polígono industrial, que está a piques de aprobarse, rematar a tan demandada estrada da Fonsagrada a Navia de Suarna e construír o novo Cuartel da Garda Civil, xa aprobado polo PSOE dende o Goberno Central. Tamén Construiremos un edificio multiusos no centro urbano para albergar distintos eventos, como a Feira do Butelo, as feiras quincenais e tantos outras citas deportivas ou de interese turístico. Ademais, construiremos una piscina climatizada para que nenos, adultos e maiores poidamos desfrutar dela e aproveitar os múltiples beneficios que isto traerá para a nosa saúde e benestar”, explicou Fernández Queipo.
Case 3 millóns de euros achegados dende a Deputación
O Alcalde da Fonsagrada e Vicepresidente da Deputación puxo en valor os preto de 3 millóns de euros que os socialistas dende o Executivo Provincial destinaron durante estes 4 anos para mellorar prestacións públicas municipais. Fernández Queipo detallou varias das actuacións financiadas polo organismo provincial como os accesos nas Cancelas, Restrumeiro, Carballido, Noceda, Castañoso, Viladriz e Cuíñas, a substitución de dous equipos de bombeo de auga, a reparación de beirarrúas na rúa dos Chaos, acondicionamento e dotación de servizos na Avenida de Galicia, o remate do saneamento municipal, a mellora da estrada que vai da Fonsagrada á Pontenova, da de Vilardíaz a Carballido e da Carballido a Vega de Logaes ou a adquisición dunha retroescavadora e unha maquina niveladora, entre outras.
“Candidatura para seguir avanzando”
“Presentamos unha equipo de persoas, veciños da Fonsagrada, ilusionados e con ganas de seguir traballando para avanzar no futuro do Concello”. As persoas que integran a candidatura do PSOE son Argelio Fernández Queipo, Carlos López López, José Ángel Fernández Carrin, María del Mar Testa Díaz, María Gloria Pasarin Méndez, Antonio López Villabrille, Nuria Fernández Yáñez, María Isabel Landeira López, Ermitas Pereira Fernández, Manuel Enriquez Longedo, Ana María Ocampo Villar, Carmen Mon Álvarez, Manuel González Fernández e María de los Ángeles Llorente Benito.