Pilar López sobre o desdobramento do corredor: “o PP rise dos veciños de Sarria”
– A Alcaldesa de Sarria denuncia que “se trata dunha mentira máis do PP cando promete que licitará este mesmo ano a 1º fase do desdobramento do corredor”
– “Que nos explique de onde van sacar os 23 millóns que costa a obra se só ten presupostado nos orzamentos 1,2 millóns para o 2019 e 3 millóns ata 2022. Será outra promesa incumprida como fixo hai 3 anos, nas eleccións autonómicas, e que fai agora ás portas dunhas municipais”
Sarria, 9 de maio de 2019.- A Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, denunciou este xoves que “Feijóo rise dos veciños de Sarria cando promete que a Xunta de Galicia licitará este mesmo ano a primeira fase do desdobramento do corredor Sarria-Lugo. É un auténtica tomadura de pelo e un intento máis de enganar ao sarriáns. Que nos explique o PP de onde vai sacar os 23 millóns de euros que custará a obra, se só ten presupostado nos orzamentos 1,2 millóns para o 2019 e 3 millóns ata 2022”.
“Trátase dunha nova mentira e outra promesa que incumprirá como fixo hai 3 anos, nas eleccións autonómicas, cando veu a Sarria e asegurou que comezaría a autovía. Agora, ás portas dunhas municipais, volve facelo. Só se lembra do desdobramento do corredor cando hai que poñer o voto na urna. Non ten palabra nin dignidade política. Para Feijóo e o Partido Popular vale todo con tal de seguir no poder”.
“Sentímonos discriminados e maltratados polo goberno galego constantemente e sabemos porque o fai, porque quen goberna no Concello de Sarria é o PSOE. Esa é a realidade. Non hai nin un só investimento de fondos públicos da Xunta de Galicia en Sarria, que nos corresponden como o resto de galego pero que nos nega o PP. Estamos fartos de que Feijóo trate aos veciños de Sarria como cidadáns de segunda. Non esiximos máis que outros, pero tampouco queremos menos”.