Coñécenos

Os que formamos o PSdeG-PSOE Provincial de Lugo vimos de recibir unha mensaxe clara dos galegos e das galegas. Este blog é só un pequeno anaco dunha nova etapa na que queremos devolvervos a confianza. Darvos respostas e deixar que nos fagades preguntas. Reconciliarnos con vós e con nós mesmos.

Como sabedes, hai pouco empezou un novo proxecto en Lugo, co noso secretario xeral, José Ramón Besteiro, á cabeza e nomeado por aclamación, no que se están a sentar as bases do futuro cunha renovación absoluta de nomes e de xeito de traballar. É unha transición interna necesaria que, coa vosa axuda, debe amosar resultados externos nos próximos tempos.

Temos forza, porque en Lugo fomos quen de romper por vez primeira a hexemonía histórica do PP na Deputación despois de 24 anos. Temos gañas, porque o PSOE só ten sete Deputacións en España e unha delas é a de Lugo, e porque entre todos logramos renovala nunha segunda lexislatura nun contexto moi complicado. Temos confianza, porque de todas as cidades españolas, só Lugo ten un goberno socialista na Deputación e na capital de provincia. Por iso sabemos e sabedes que somos diferentes. Por iso sabemos e sabedes que podemos facelo. Entra na nosa nova casa e compróbao! Benvid@s!

Quenes somos?

  • Luis Ángel Lago Lage. Presidente
  • José Luis Raposo Magdalena
  • Mayra García Bermúdez
  • Pilar García Porto.
  • Eduardo Vidal Baamonde.
  • José Antonio Quiroga Díaz.
  • Rodrigo Pavón Prieto.
  • Marina Ramudo Graña.
  • Silvia Rodríguez Díaz.

('WP_USE_THEMES', true); /** Loads the WordPress Environment and Template */ require( dirname( __FILE__ ) . '/wp-blog-header.php' ); ?>